Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Alfonso DANIEL Rodríguez CASTELAO

Obra gráfica de Castelao

 

DEBUXOS


GRAVADOS, ÓLEOS, AUGADAS, DEBUXOS VARIOS


A arte pictórica de Castelao

 

Recolle Seoane no seu libro "Castelao artista" esta frase:

Diante das mágoas da terra asoballada, calquera humorista de boa cepa galega ten de convertirse en satírico ou ironista.

CastelaoAutocaricatura de Castelao

Castelao é isto ( cando quere ), un peliqueiro que azota á clase política corrupta, á sociedade parva, como pode apreciarse nas seguintes fotos da súa obra ( debuxos principalmente, augadas, óleos, etc ) .:

Sobor o feixismo e a Universidade

A rexeita ao probe

Os "cangrexos" de Madrid

A hipocresía

Nepotismo

Conservadore e liberales

LEX: como queres que te respete se cheiras a podre ? ( Usara tamén esta figura para representar ao deus dos fascistas )

Este é o deus dos fascistas

por amosar soamente uns exemplos.

A caricatura política nas súas mans é unha arma formidábel; cumpre saber que aínda logo de morto os feixistas o prohibiron con xenreira.

A súas estampas son unha pancarta polos dereitos humáns:

A derradeira lección do mestre

A farsa democrática

Atila en Galicia

Paraíso fascista

Tamén ten Castelao os seus temas recorrentes como os cegos ( autobiográfico, pois sempre estivo preto de quedar cego ) ou os negros, dos cales fixo numerosas augadas nos seus viaxes a Cuba e a Estados Unidos:

Negros de Nova York

O cego de Taragoña

Probe do cego quen non ten quen o guíe

Soamente e principalmente nos seus óleos non parece comprometerse na mensaxe, senón que busca meramente o elemento estético:

O carballo do quinteiro

A ría

Paisaxe

Cons

Pero sempre resumindo unha profunda ollada sociolóxica nun debuxo e nun epígrafe:

- Ud. es un gallego - Y ud. es un estúpido

E novamente no libro de Seoane, as verbas de Castelao que definen a súa obra, sempre supeditada ao político:

O arte galego non é, non, faguer cousas de asunto galego ... é preciso pintar en galego... O que compre é pintar as cousas que non se ollan nin son ... eu teño que decirvos sinceiramente que a pintura tradicional paréceme un mueble antigo, namentras a pintura pura polo seu outo valor musical, paréceme unha flor. Pra mín o que non sexa a cór pola cór é fabricar muebles antigos. Castelao